TURISMO

Área Central acolle o Festival de Patchwork de Galicia

04/06/2014

O Centro Comercial e de Negocios acolle a máis de 35 expositores entre o venres seis e o domingo oito de xuño . O Patchwork é a arte de unir teas de diferentes cores e tamaños empregando múltiples técnicas para facer, cuns deseños únicos, manteis, tapices, cestas, caixas...

Leer más

CULTURA

Adhírese o persoal do Auditorio de Galicia ao Convenio Colectivo e Acordo Regulador do Concello de Santiago

04/06/2014

Esta mañá o alcalde da cidade e presidente do Consello Reitor do Auditorio de Galicia, Ángel Currás; o director-xerente do organismo, José Víctor Carou; e o delegado sindical dos traballadores do mesmo, Rogelio Fernández, asinaron o acordo de adhesión do persoal do Auditorio de Galicia ao Convenio Colectivo e Acordo Regulador do persoal ao servizo do Concello de Santiago de Compostela. Fixérono a proposta do Consello Reitor do Auditorio que, reunido onte, aprobou a proposta desta adhesión de forma unánime.

Leer más
Compartir: