BENESTAR SOCIAL

O recoñecido pediatra Carlos González participará nas II Xornadas de Crianza Consciente e Coaching Familiar

26/06/2014

O pediatra Carlos González, firme defensor da lactancia materna e autor de libros como Mi niño no me come ou Comer, amar, mamar, participará nas II Xornadas de Crianza Consciente e Coaching Familiar, que se celebrarán este sábado 28 de xuño no Hotel Puerta del Camino de Santiago. O evento diríxese tanto a nais e pais como aos diferentes profesionais vinculados coa infancia, como pediatras ou profesores.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Novo sistema de bombeo de pluviais para evitar inundacións en Pelamios

26/06/2014

A Xunta de Goberno aprobou a memoria valorada das obras de instalación dun sistema de bombeo de augas pluviais na praza da Capela de San Xoán, en Pelamios. Preténdese así evitar as inundacións que se veñen producindo nesta praza. Ademais, deuse o visto bo á modificación da sinalización vertical na rúa de San Francisco.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

O Concello achega 241.500 euros a 15 entidades sociais da cidade

26/06/2014

A sesión ordinaria da Xunta de Goberno tivo como un dos asuntos da orde do día a aprobación de 15 convenios en favor das entidades e asociacións sociais da cidade, que fan un gran servizo na nosa cidade axudando aos máis desfavorecidos. Estes convenios supoñen unha achega municipal de 241.500 euros.

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Iníciase expediente sancionador á empresa responsable da xestión das escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas

26/06/2014

A voceira da Xunta de Goberno Local, Reyes Leis, comunicou que, á vista do informe da Xefatura de Servizo de Contratación e a proposta da concelleira de Educación, a XGL acordou iniciar o expediente sancionador á empresa CLECE pola presunta infracción do artigo 25.b do prego de cláusulas administrativas particulares do Servizo de Xestión das Escolas Infantís de Conxo e Fontiñas.

Leer más

RECOLLIDA DO LIXO

Chamamento á responsabilidade de Reyes Leis en relación á posible convocatoria de folga dos traballadores da recollida do lixo

26/06/2014

Preguntada pola posibilidade da convocatoria dunha folga dos traballadores da empresa concesionaria do servizo de limpeza e recollida do lixo, Urbaser, nas datas das festas do Apóstolo, a voceira da Xunta de Goberno, Reyes Leis, fixo un chamamento á "responsabilidade", a fin de evitar unha situación que, ademais dos prexuízos hixiénicos, "prexudicaría a imaxe da cidade" nestas datas de grande afluencia de turismo.

Leer más
Compartir: