COMERCIO

O pequeno comercio xa ten o seu Paseo das Estrelas en Xeneral Pardiñas

19/06/2014

A concelleira de Comercio, Reyes Leis, inaugurou o Paseo das Estrelas, no que figura o nome dos comercios premiados no programa Santiago Comercio de Cine. Sitúase na rúa Xeneral Pardiñas (tramo comprendido entre Montero Ríos e República do Salvador) e pon en valor estes establecementos nunha rúa moi transitada da cidade e con gran vocación comercial.

Leer más

MERCADOS

O Mercado de Abastos acolle a presentación da Rapa das Bestas de Sabucedo

19/06/2014

O Mercado de Abastos de Santiago acolleu a presentación da Festa da Rapa das Bestas de Sabucedo, declarada Festa de Interese Turístico Internacional, que se celebrará entre o 3 e o 7 de xullo. A presentación supuxo tamén a inauguración dunha mostra sobre a Rapa das Bestas, que poderá visitarse gratuitamente no Mercado de Abastos ata o próximo 7 de xullo, de luns a sábado.

Leer más

TURISMO

O concurso Tapéate Compostela celebra a súa última fin de semana

19/06/2014

A organización de Tapéate Compostela agarda un último tirón nesta fin de semana, na que remata o concurso de tapas. O público ten ata o domingo a oportunidade de probar as tapas que ofrecen os trinta locais participantes nesta edición. Todas as tapas teñen un prezo de dous euros. E todas teñen que empregar como base produtos do Mercado de Abastos de Santiago.

Leer más

CULTURA

Resonet inaugura a 9ª edición do Via Stellae

19/06/2014

O Concello de Santiago e a Xunta de Galicia organizan e promoven a novena edición do Festival Via Stellae, un certame esencial no verán compostelán que, a piques de cumprir os seus dez primeiros anos de vida, vén avalado por unha consolidada traxectoria e que sempre contou co respaldo do público e co recoñecemento da prensa especializada. O festival inaugúrase este venres 20, ás 20:30 horas, no Convento de Santa Clara, con Resonet. Nesta edición haberá 23 concertos, que se celebrarán ata o 15 de xullo.

Leer más
Compartir: