CONSORCIO

O Museo das Peregrinacións e de Santiago celebra esta fin de semana tres novos obradoiros para nenos de 6 a 12 anos

22/10/2014

O Consorcio de Santiago celebra esta fin de semana no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede da praza das Praterías) tres novos obradoiros didácticos dirixidos a nenos de entre 6 de 12 anos. Cada un deles ten unha duración de entre unha hora e media e dúas horas. A finalidade desta experiencia lúdica é que os máis pequenos se acheguen á historia de Compostela a través de propostas diferentes.

Leer más

SERVIZOS SOCIAIS

O maratón Pink Power recadou 4.000 euros para a Asociación Española Contra o Cancro

22/10/2014

O maratón deportivo Pink Power -que combinou exercicios de zumba, bodycombat e capoeira- celebrado o pasado domingo 19 de outubro no Multiúsos Fontes do Sar, coincidindo coa conmemoración do Día internacional contra o cancro de mama, contou coa asistencia de máis de 500 persoas, que coa súa solidariedade axudaron a recadar 4.000 euros. O evento contou coa colaboración das concellerías de Servizos Sociais e Deportes do Concello de Santiago.

Leer más

ALCALDÍA

O alcalde afirma que Womex converte a Santiago nunha monumental plataforma para a música de Galicia e doutros pobos

22/10/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou no Auditorio de Galicia na gala de inauguración de Womex 2014, a exposición de músicas do mundo que se celebra na cidade do 22 ao 26 de outubro. Grazas a este evento, a cidade recibirá máis de 2.600 delegados internacionais e será escenario, en diversos espazos, de concertos, proxeccións de cine, conferencias e encontros durante tres xornadas.

Leer más
Compartir: