CULTURA

O ciclo Infantil & Familiar programa dúas novas obras teatrais para os máis pequenos: "O pequeno Verne" e "Zapatos"

08/01/2014

O ciclo Infantil & Familiar trae á programación da fin se semana O pequeno Verne e Zapatos, dúas novas obras teatrais para os máis pequenos. A primeira, recomendada a partir de 4 anos, representarase o sábado 11 de xaneiro, ás 18:00 horas, no Teatro Principal. A segunda, para pequenos de 1 a 4 anos, estará na Zona C o domingo 12 de xaneiro en dúas funcións, ás 17:00 e ás 18:30 horas.

Leer más

ALCALDÍA

Unha placa lembra na rúa do Hórreo a Tomás Antón Pereira Gómez

08/01/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á colocación da placa en homenaxe a Tomás Antón Pereiras Gómez no número 70-72 da rúa do Hórreo. Participaron no acto, entre outros, a súa viuva, Nieves Olmedillas, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez.

Leer más

URBANISMO

Unha glorieta en Galeras e o dobre sentido na rúa de Domingo García-Sabell permitirán eliminar o tráfico de Carretas e Hortas

08/01/2014

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou que no prazo dunhas dúas semanas comezará as obras de modificación de veiros e reforma de accesos ao estacionamento nas rúas Galeras e Domingo García-Sabell. Construirase unha glorieta que unirá Galeras e García-Sabell, rúa esta que pasará a ter dobre sentido. Carretas e Hortas quedarán unicamente para o tránsito de residentes e servizos.

Leer más

CULTURA

Doce espectáculos de Falabaratos no primeiro semestre do 2014

08/01/2014

Falabaratos (monólogos, contos e outros shows) foi unha das novidades na programación da cidade no 2012. Neste ciclo as palabras convértense en humor e a ironía e o bo facer dos monologuistas, contadores de contos e protagonistas doutros tipos de shows materialízase en espectáculos de primeira fila a procura dun espectador disposto a pasalo ben. O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou o programa do ciclo para o primeiro semestre de 2014, no que contaremos con Isi e Patricia Vázquez, Quico Cadaval,...

Leer más

CONSORCIO

Remata a primeira fase das obras no Pazo de Xelmírez, centradas no acondicionamento da Sala de Armas como sala de exposicións

08/01/2014

No marco do Plan de Xestión da Catedral de Santiago, impulsado polo Consorcio en colaboración coa Fundación Catedral, acaban de rematar unha serie de actuacións no Pazo de Xelmírez, integrado no conxunto catedralicio. Esta primeira fase das obras, financiadas polo Consorcio cun orzamento global de 272.300 euros, está destinada a recuperar diversos espazos deste edificio histórico e abrilos ao público.

Leer más
Compartir: