ALCALDÍA

Santiago de Compostela, meta do Camiño e da Volta Ciclista a España 2014

30/01/2014

A Volta Ciclista a España concluirá en Santiago de Compostela na edición de 2014. Será cunha etapa contrarreloxo individual que sairá da Cidade da Cultura e rematará na praza do Obradoiro. Os detalles desta etapa especial ofrecéronse nunha rolda de prensa na que participaron o alcalde compostelán, Ángel Currás; o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete; a directora xeral de Turismo, Nava Castro; a directora-xerente da Cidade da Cultura,...

Leer más

DEPORTES

A cidade convértese na capital da patinaxe artística galega e española

30/01/2014

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o XIII Campionato Galego de Grupos Show 2014, que se celebrará no Pavillón Municipal de Santa Isabel o sábado 1 e o domingo 2 de febreiro. A competición, organizada polo Club Deportivo Fontiñas coa colaboración do Concello de Santiago, reunirá a 323 patinadoras e patinadores de 17 clubs galegos, dos cales dous son composteláns, o propio C.D. Fontiñas e o Club de Patinaxe Campus Stellae.

Leer más

CULTURA

Catorce novas propostas musicais ata xuño no ciclo Compostela Rock

30/01/2014

O director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentou o cartel do ciclo Compostela Rock ata o mes de xuño. Comprende 14 propostas arredor do rock pero que recollen outros estilos musicais e que se celebrarán na Sala Capitol, Teatro Principal, Zona C, Auditorio Novagalicia Banco e Multiusos do Sar. O programa do ciclo para este 2014 xa comezou coa Orquesta Metamovida o pasado 17 de xaneiro nun exitoso concerto na Sala Capitol. Engádense agora ao programa, que se irá completando con máis propostas nos vindeiros meses, Eondry,...

Leer más
Compartir: