ALCALDÍA

O proxecto "SMART iAgo" buscará solucións tecnolóxicas en prol dunha xestión funcional eficaz dos cascos históricos

24/01/2014

O alcalde compostelán, Ángel Currás, participou como relator no almorzo informativo do Smarcity. Foro de La Nueva Ciudad, organizado por Nueva Economía Fórum. Ante seis secretarios de Estado, diplomáticos, representantes das administracións autonómica e local e dirixentes empresariais, presentou o proxecto SMART iAgo, cuxo obxectivo principal é formular solucións tecnolóxicas orientadas á xestión e á resolución da problemática específica das cidades...

Leer más

CULTURA

A maxia de Martín Varela e o teatro para bebés de Caramuxo en Infantil & Familiar

24/01/2014

Esta fin de semana están programados dous espectáculos dentro do ciclo Infantil & Familiar aos que acudir cos máis pequenos da casa. O sábado, poderemos ver o espectáculo de ilusionismo do novísimo mago Martín Varela, que presenta Manifesto no Auditorio de Galicia ás 19:30 horas. O domingo haberá teatro para bebés con Caramuxo Teatro, que ofrecen de novo Glub, glub tras o éxito obtido en anteriores ocasións. Será na Zona C con dúas funcións, ás 17:00 e...

Leer más

CONSORCIO

Un libro sobre a orixe de Santiago, a primeira cidade galega, destaca que no século XII xa ocupaba 30 hectáreas

24/01/2014

O Consorcio e a Universidade de Santiago acaban de publicar a segunda edición revisada do libro La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media, de Fernando López Alsina, catedrático de Historia Medieval da USC. O martes, 28 de xaneiro, o alcalde de Santiago, Ángel Currás, e o reitor da USC, Juan Casares, presentarán a publicación no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede Praza das Praterías), ás 19:00 horas.

Leer más

SERVIZOS BÁSICOS

A adxudicataria do mantemento do alumeado deberá subscribir un seguro que faga fronte aos roubos de cable

24/01/2014

O concelleiro de Servizos Básicos e Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, deu conta dunha sentenza xudicial que condena ao autor dun roubo de cable na rúa Samos, producido en novembro de 2011, a cinco meses de prisión e ao pago de 1.179 euros máis intereses. Expresou a súa "plena satisfacción" por unha sentenza que castiga un delito, o do roubo de cable de cobre, que cada ano provoca un importante gasto ás arcas municipais.

Leer más

CULTURA

Chega a Compostela "En construcción", dirixida por Tristán Ulloa

24/01/2014

Este domingo 26 chega a Compostela unha das sorpresas da temporada teatral: En construcción. Escrita e protagonizada por Carolina Román e Nelson Dante, trátase da primeira obra que dirixe Tristán Ulloa e está organizada dentro do ciclo Teatro & Danza. Poderá verse a partir das 20:00 horas no Auditorio Novagalicia Banco.

Leer más
Compartir: