RELACIÓNS VECIÑAIS E CENTROS SOCIOCULTURAIS

"Imos ao baile" propón 27 sesións con orquestra en 13 localizacións para este 2014

21/01/2014

O programa Imos ao baile, da Concellería de Centros Socioculturais e Relacións Veciñais, continúa neste 2014 cun novo calendario de bailes con orquestra destinados sobre todo aos nosos maiores. Desta vez celebraranse 27 bailes (o mesmo número que en 2013) en 13 localizacións diferentes. Estímase unha participación de 2.700 persoas.

Leer más

CONSORCIO

Conclúe a restauración do relevo situado na fachada do mosteiro de San Paio de Antealtares coñecido como "a Borriquiña"

21/01/2014

O Consorcio de Santiago promoveu a restauración do relevo situado na fachada do mosteiro de San Paio de Antealtares, na actualidade convento de relixiosas de clausura da orde beneditina. Os traballos, coordinados pola Oficina Técnica deste organismo, buscaban recuperar a autenticidade da obra e garantir a súa conservación futura. Adxudicáronse á empresa Renovatio, dedicada á conservación do patrimonio artístico. Cun orzamento global de 26.843 euros, realizouse a limpeza integral do conxunto, a reparación de pezas rotas e a...

Leer más

OBRAS

As deficiencias nas obras de reparación das calzadas do Ensanche serán emendadas polas empresas sen custo para o Concello

21/01/2014

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou que se detectaron varios desperfectos nas obras de reparación da calzada que se viñeron realizando en varias rúas do Ensanche, polo que se emprazou ás empresas que as realizaron a resolver estas deficiencias. Indicou que estas empresas se comprometeron a executar estas novas reparacións sen custo ningún para o Concello.

Leer más

CULTURA

Trece novos concertos no ciclo Sons’14

21/01/2014

O director-xerente do Auditorio de Galicia presentou a programación do ciclo Sons 2014 para os meses de xaneiro a maio. Unha variada oferta de sons con diferentes estilos, procedencias e xéneros compoñen esta oferta musical, que se verá ampliada con novas propostas nos vindeiros días. Comeza o ciclo con Dorian Wood, que presenta o seu novo disco, Rattle Rattle, este venres 24 de xaneiro no Teatro Principal, en colaboración co festival Sinsal.

Leer más

TURISMO

Técnicos de Tanabe coñecen o funcionamento da oficina de información turística de Santiago

21/01/2014

Técnicos de Turismo de Santiago reuníronse con técnicos de Turismo de Tanabe na sede da empresa municipal de promoción turística, na rúa do Vilar. A xuntanza xirou en torno a dúas temáticas: por unha banda, a concreción das diferentes actividades de promoción que se levarán a cabo nos vindeiros meses, seguindo as liñas marcadas polo alcalde compostelán, Ángel Currás, e os representantes políticos da cidade nipona, reunidos este luns no Pazo de Raxoi; e por outra, nun intercambio de...

Leer más
Compartir: