CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os centros socioculturais acollen a exposición "Compostela Única: un retrato en imaxes anteriores a 1965"

15/01/2014

A Concellería de Centros Socioculturais acollerá dende o 17 de xaneiro ata setembro de 2014 a exposición fotográfica Compostela Única: un retrato en imaxes anteriores a 1965, producida polo Ateneo de Santiago. A mostra foi presentada en rolda de prensa polo concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, acompañado por Manuel López Ribadulla, vicepresidente do Ateneo de Santiago, e Xosé Ramón Pousa, coordinador de actividades da asociación.

Leer más

CONSORCIO

Músicos da Real Filharmonía e 53 alumnos do Conservatorio de Santiago celebran dous concertos didácticos para colexios

15/01/2014

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) e o Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela colaboran en diversas iniciativas de carácter musical. Entre estes proxectos destaca a celebración de concertos conxuntos entre músicos da orquestra e alumnos novos do Conservatorio, con idades comprendidas entre os 14 e os 18 anos. Este venres darán dous recitais didácticos para estudantes de primaria e secundaria, ás 10:00 e ás 12:00 horas, no Auditorio de Galicia. E o sábado, ás 18:30 horas, ofrecerán...

Leer más

BENESTAR SOCIAL

Santiago acollerá as actividades do Día Mundial da Parálise Cerebral

15/01/2014

Santiago de Compostela será a sede das actividades do Día Mundial da Parálise Cerebral no mes de outubro, que reunirá na cidade a representantes de asociacións de atención a persoas con parálise cerebral de toda España e da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Así se acordou na reunión mantida entre o alcalde compostelán, Ángel Currás e a concelleira de Benestar Social, María Castelao, con Eulogio López, presidente da Federación Galega de Parálise Cerebral, e Ana...

Leer más
Compartir: