URBANISMO

O Concello habilita máis dun millón de euros para investir noutras doce obras e proxectos no presente exercicio 2013

15/07/2013

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, anunciou a habilitación dunha modificación de crédito que permitirá destinar aproximadamente 1,1 millóns de euros para executar novas obras e encargar proxectos. Entre estes figurará a remodelación das prazas de Vigo e de Galicia, a terceira fase da reparación de firmes e beirarrúas no Ensanche, a reurbanización da rúa Raxoi ou a homologación e rehabilitación dos 72 parques infantís da cidade.

Leer más

MEDIO RURAL

Rematadas as obras de reforzo do firme en Aríns, Eixo de Arriba e Marrozos

15/07/2013

Os concelleiro Luís Meijide e Jose María Rosende, encargados do seguimento do rural, visitaron tres das obras executadas no marco do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña (POS 2012) e xa rematadas. En concreto, comprobaron a correcta realización das obras de reforzo do firme en Aríns, Eixo de Arriba-Pereiras e Corexo (Marrozos).

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

A actividade de baile funky de "Vive o verán" trasládase ao parque da Constitución

15/07/2013

Seguen as actividades do programa Vive o verán, da Concellería de Centros Socioculturais. Unha das novidades desta semana é o traslado ao parque da Constitución (ata agora facíase no parque de Bonaval) das sesións de baile funky. Esta actividade, que se realiza os mércores, de 19:30 a 21:00 horas, é de balde e non precisa inscrición.

Leer más

EDUCACIÓN

Publícase o listado de admitidos nos servizos de comedor e de madrugadores en nove centros escolares para o curso 2013-2014

15/07/2013

A Concellería de Educación publicou o listado de admitidos nos servizos de comedores e de madrugadores en varios centros de educación infantil e primaria de Santiago de Compostela, xestionados polo Concello de Santiago. O proceso de formalización de matrícula do alumnado admitido farase no mes de setembro, unha vez que estea resolto o proceso administrativo de adxudicación do servizo.

Leer más

CULTURA

Rosalía de Castro e a percusión protagonizan unha nova xornada do festival Via Stellae

15/07/2013

Mercedes Hernández (soprano) e Fernando Reyes (tiorba e guitarra), homenaxearán no festival Via Stellae á poetisa Rosalía de Castro con motivo dos 150 anos da primeira edición de Cantares Gallegos. Será este martes 16 de xullo, ás 19:30 horas, no Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), con entrada de balde previa recollida de invitación no Teatro Principal. E dúas horas máis tarde, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) concerto do Grupo Residente de...

Leer más
Compartir: