XUVENTUDE

Galicia e Polonia, unidas por un proxecto europeo en torno ao Camiño

11/06/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e os concelleiros Rebeca Domínguez, Francisco Noya e Amelia González recibiron os participantes no proxecto Comenius Regio, cofinanciado polo Programa de Aprendizaxe Permanente da Unión Europea, no que están involucrados administracións, escolas e organizacións de Polonia e España. A participación de Santiago neste programa corre a cargo da Escola de Tempo Libre Don Bosco.

Leer más

CENTROS SOCIOCULTURAIS

"Vive o verán!" programa 20 actividades de tempo libre diferentes nos CSC

11/06/2013

O concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, presentou Vive o verán! 2013, un programa que pretende achegar ás familias de Compostela unha oferta de lecer sociocultural adaptada ao tempo do verán, en clave de actividades de tempo libre, gozando dos espazos naturais, rurais e urbanos de Compostela. Este ano o proxecto abrangue 20 actividades diferentes do 1 de xuño ao 28 de setembro, nas que se agradan uns 4.000 participantes.

Leer más

CULTURA

Concerto dos alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais

11/06/2013

O mércores 12 de xuño, os alumnos e alumnas do Curso Avanzado de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), acompañados por membros da Real Filharmonía de Galicia e dirixidos por Maximino Zumalave, interpretarán obras de Bach, Vivaldi e Mozart. Será ás 20:30 horas no Teatro Principal. Esta será a penúltima cita do ciclo Novas Orquestras.

Leer más

COMERCIO

Ábrese a inscrición no programa comercial "Sensación-all Compostela 13"

11/06/2013

O programa de dinamización comercial Sensación-all Compostela 13, o teu comercio está de moda, promovido pola Concellaría de Comercio en colaboración coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia e coa Fundación Cidade da Cultura na cesión de infraestrutura para o desfile, ofrecrá para Santiago vivir unha semana de moda e, para os comercios participantes, a posibilidade de ter un Look Book promocional do seu establecemento, así como a participación no desfile final que se celebrará na...

Leer más
Compartir: