XUVENTUDE

Corenta mozos e mozas comparten unha Semana Santa de turismo activo e deporte en Pena Aventura (Portugal)

26/03/2013

Do 25 ao 27 de marzo, 40 mozos e mozas participan no Programa de Ocio e Aventura en Semana Santa, que se desenvolve no Parque Pena Aventura, en Ribeira da Pena (Portugal). A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, acompaña os participantes nesta viaxe, que esgotou o número de prazas ofertadas e que terá unha segunda entrega, de cinco días, no mes de xullo.

Leer más

ALCALDÍA

Concello e USC abordan as necesidades máis urxentes do Campus e preparan un novo convenio de colaboración

26/03/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, e o reitor da USC, Juan Casares Long, mantiveron unha reunión de seguimento do convenio de colaboración entre Concello e Universidade para o período 2005-2015. Abordaron as necesidades máis urxentes no Campus e as fórmulas para afrontalas, así como unha actualización das necesidades co fin de preparar un novo convenio que substitúa ao actual a partir 2015.

Leer más

MULLER

Unha carapucha solidaria reivindicará a igualdade na Procesión dos Estudantes

26/03/2013

A concelleira de Muller e Igualdade, María Castelao, presentou a iniciativa Capirote solidario pola igualdade, promovida pola Irmandade de Estudantes. Baixo o lema "Se sentes a paixón, defende a igualdade", esta confraría quere reivindicar a igualdade entre homes e mulleres nun ámbito precisamente ligado tradicionalmente aos homes. A Procesión dos Estudantes, na que desfilará en lugar preferente esta carapucha solidario, sairá este mércores santo, ás 23:00 horas, do colexio das Orfas.

Leer más

EDUCACIÓN

Novo recoñecemento para "Bandada", o libro gañador do V Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados

26/03/2013

Bandada, o libro gañador do V Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados, que cada ano convoca o Departamento de Educación do Concello de Santiago e a Editorial Kalandraka, foi incluído na prestixiosa selección The White Ravens 2013, que realiza a Biblioteca Internacional da Xuventude (Internationale Jugendbibliothek) de Munich (Alemaña).

Leer más

CULTURA

Venda e renovación de abonos para o último trimestre da programación de temporada da Real Filharmonía de Galicia

26/03/2013

A venda e renovación de abonos para o último trimestre da programación da Real Filarmonía de Galicia realizarase o 1 e 2 de abril de 12:00 a 14:00 horas. A partir do 4 de abril xa se poderán comprar as entradas soltas para todos os concertos do trimestre polas canles habituais. Para a renovación de abonos abonda con chamar aos teléfonos 981 571 026 ou 981 573 979.

Leer más
Compartir: