INNOVACIÓN

O Concello licitará contratos por valor de case catro millóns de euros a través do Smartiago

07/07/2020

O Concello de Santiago de Compostela recibiu un total de 63 propostas durante o proceso de Consultas Preliminares ao Mercado do proxecto Smartiago, cofinanciado pola Unión Europea, que contou ademais coa participación de 57 entidades. É o balance que ofreceu o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, Gumersindo Guinarte, no webinar "A tecnoloxía e a innovación como resposta aos retos dunha cidade patrimonio", organizado polo municipio compostelán e ao que asistiron preto dun cento de persoas.

Ler máis

POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS

O Concello de Santiago renova durante o mes de xullo a convocatoria de #Fotolingua, que neste 2020 vai pola quinta edición

06/07/2020

O concurso #Fotolingua alcanza a súa quinta edición co obxectivo de sumar maior visibilidade aos negocios que se comprometen co uso do galego grazas á colaboración da súa clientela e do público en xeral. A nova edición do certame foi presentada este luns en rolda de prensa pola concelleira de Políticas Lingüísticas, Noa Díaz.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia regresa aos escenarios cun concerto na Cidade da Cultura e dirixida polo seu mestre titular, Paul Daniel

06/07/2020

A Real Filharmonía de Galicia regresa esta semana de novo aos escenarios logo dun parón obrigado de catro meses debido á crise sanitaria provocada pola Covid-19. Os/as músicos/as están a recibir sesións informativas para coñecer os protocolos de prevención que deben manter nas súas actuacións e o mércores comezarán os ensaios.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno aproba o estudo de detalle para a instalación de ascensores no grupo de vivendas Diego Xelmírez (Santa Marta)

06/07/2020

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o estudo de detalle para a mellora da accesibilidade e das condicións xerais das edificacións do grupo de vivendas Diego Xelmírez", que afecta aos números 31-33, 25-27 e 29 da rúa de Santa Marta de Arriba. O documento, presentado polas comunidades de propietarios dos edificios, reúne, dende o punto de vista técnico, os requisitos necesarios para a súa aprobación inicial e posterior exposición pública durante o prazo dun mes. A solución que se presenta é a...

Ler máis

ALCALDÍA

Reabre o Camiño Inglés cun acto no que se destaca a seguridade da ruta e cunha andaina polos concellos que atravesa

04/07/2020

Os concellos da Asociación do Camiño Inglés, entre os que se atopa Santiago, déronse cita en Sigüeiro, nun acto que tiña como obxectivo ser o punto de arranque da reactivación da peregrinación por unha ruta que se abre como "camiño seguro" despois do coronavirus. Durante a súa intervención, o alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, amosou a súa satisfacción porque "vemos que, en termos relativos, os camiños que máis están crecendo nos...

Ler máis

ALCALDÍA

O alcalde reitera a importancia do Polo de Innovación en Biotecnoloxía para "xerar empresas e postos de traballo cualificados"

03/07/2020

Tras a sinatura esta semana do Acordo da Sionlla, que senta as bases da creación do Polo de Innovación en Biotecnoloxía, o alcalde reiterou o compromiso municipal con esta iniciativa, que "apoiamos e na que estamos detrás dende o minuto un". Así, Xosé Sánchez Bugallo reiterou a importancia deste Polo para "ampliar a base económica da cidade e xerar empresas e postos de traballo moi cualificados" e para "darlle contido económico a moitos traballos de investigación que nacen na USC e que ata gora...

Ler máis
Compartir: