ACCIÓN CULTURAL

Amal 2021 trae a cultura árabe a Galicia con cinco longametraxes e documentais que se poderán ver do 25 ao 29 de outubro no Teatro Principal de Santiago

13/10/2021

A Fundación Araguaney-Ponte de Culturas presentou hoxe a decimonovena Semana de Cinema Euroárabe AMAL 2021 no hotel Eurostars Araguaney de Santiago. No acto interviron, por este orde, o presidente da Fundación Araguaney-Ponte de Culturas e director da Semana de Cinema Euroárabe AMAL, Ghaleb Jaber Martínez; a concelleira de Urbanismo, Vivenda, Cidade Histórica, Acción Cultural e Igualdade do Concello de Santiago, Mercedes Rosón; e o secretario Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo.

Ler máis
Compartir: