POLÍTICAS SOCIAIS

O teléfono 010 atendeu 2.050 chamadas dende a súa posta en marcha

02/05/2020

0 19 de marzo entraba en funcionamento o 010, o teléfono de axuda municipal, atendido polos voluntarios e voluntarias de Protección Civil. Dende ese momento e ata o 1 de maio incluído, recibiu 2.050 chamadas, a maioría delas solicitando tíckets especiais de compra.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A Banda Municipal sube este domingo ás redes sociais a peza "Compostela", dedicada á cidadanía de Santiago

02/05/2020

O pasodoble "Compostela" e o bolero "Mira que eres linda" son as dúas pezas que a Banda Municipal de Música de Santiago programou para este domingo ao mediodía a través das redes sociais da formación e do Concello de Santiago. Ao non poder continuar cos seus habituais concertos do domingo a causa do estado de alarma decretado pola pandemia da COVID-19, a Banda está a subir ás redes sociais vídeos das súas audicións musicais. O obxectivo é que a cidadanía poida desfrutar da súa...

Ler máis

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Protección Civil repartiu mil máscaras na praza de Abastos este sábado

02/05/2020

O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños, visitaron esta mañá a praza de Abastos. Nesta xornada de sábado, os voluntarios e voluntarias de Protección Civil repartiron 1.000 máscaras a clientes e vendedores.

Ler máis
Compartir: