ALCALDÍA E SEGURIDADE CIDADÁ

O Servizo de Extinción de Incendios incorpora dous novos vehículos auxiliares

10/02/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Seguridade Cidadá, Gonzalo Muíños; e o xefe dos Bombeiros de Santiago, Manuel Sanmartín, presentaron na praza do Obradoiro os dous novos vehículos adquiridos para o Servizo de Extinción de Incendios. Son un todoterreo e unha furgoneta que facilitarán unha rápida e primeira intervención en determinadas emerxencias.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

O alcalde destaca o interese dos concellos lusos por impulsar os Camiños e confirma o irmandamento con Braga na primavera

10/02/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou o pasado venres na XXVIII Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, que supuxo o regreso da cidade á Comisión Executiva deste organismo transfronteirizo. Na rolda de prensa para dar conta dos asuntos da Xunta de Goberno ordinaria deste luns, o rexedor aproveitou tamén para avaliar os resultados desta xuntanza, na que constatou o interese dos concellos lusos por impulsar os Camiños de Santiago. Ademais, confirmou que na primavera se formalizará o irmandamento coa cidade de Braga.

Ler máis

ALCALDÍA

Xuntanza en Raxoi coa Asociación Itínera

10/02/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, reuníronse este luns con José Canedo e Carlos Martínez, da Asociación Itínera.

Ler máis

MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

A Policía Local inspeccionou 40 autobuses de transporte escolar a pasada semana, con cinco denuncias

10/02/2020

A Policía Local realizou a pasada semana (do 3 ao 7 de febreiro) controis no transporte escolar, sumándose a unha nova campaña da Dirección Xeral de Tráfico. Os/as axentes revisaron o cumprimento dos requisitos obrigatorios relativos ao transporte de menores en idade escolar, como o uso do cinto de seguridade, o acompañamento dunha persoa adulta autorizada ou a documentación actualizada do vehículo.

Ler máis
Compartir: