EDUCACIÓN E CIDADANÍA

O programa "Numax na escola" achegará 38 filmes aos colexios e institutos

09/01/2019

Os centros de infantil e primaria, así como os institutos de Compostela, terán a oportunidade de participar nunha actividade impulsada por Numax e o Concello na que gozarán de 38 películas de distinta temática. A acción foi presentada esta mañá pola concelleira de Igualdade, Marta Lois, e polo responsable da mesma, Xan Gómez, de Numax.

Leer más

CENTROS CÍVICOS

Nova edición do Mercado de Troco de Conxo

09/01/2019

A zona exterior cuberta do Centro Cívico de Conxo, na praza Aurelio Aguirre, acollerá este sábado 12 de decembro, entre 11:00 e as 14:00 horas, unha nova edición do Mercado de Troco. Será unha boa oportunidade para intercambiar aqueles vellos xogos, xoguetes e libros infantís que todos temos na casa en bo estado por outros que sexa máis do noso agrado. Ademais, dende as 11:00 horas, haberá xogos tradicionais da man de Xandobela.

Leer más

ALCALDÍA

Unha nova sentenza impón o pago dunha indemnización á empresa Doal pola incorrecta adxudicación do contrato de xestión da ORA en 2012

09/01/2019

O Xulgado do Contencioso Administrativo Número 2 vén de ditar unha sentenza pola que lle impón ao Concello de Santiago a obriga de indemnizar á empresa Doal pola incorrecta adxudicación do contrato para a xestión da ORA e do guindastre, no ano 2012.O Concello recorrerá o fallo, ao entender que a filial do grupo Vendex non quixo asumir a xestión do servizo no procedemento de contratación novamente aberto en 2017, e que retomaba o do 2012 erroneamente adxudicado. Esta reapertura do proceso de contratación provocou, ata a...

Leer más

FACENDA E PATRIMONIO

Reunión en Alcalá dos concelleiros e concelleiras de Facenda do Grupo de Cidades Patrimonio

09/01/2019

O Concello de Alcalá de Henares acolleu esta mañá unha xuntanza dos concelleiros e concelleiras de Facenda das cidades que integran o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A edila de Facenca, María Rozas, participou nesta reunión, na que continuaron os traballos para cumprir o mandato da Asemblea de Alcaldes do Grupo para a elaboración dun documento que reflicta as necesidades e os custos do mantemento dos centros históricos dos municipios españois Patrimonio da Humanidade.

Leer más
Compartir: