MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ

Os Bombeiros amplían os seus labores de desinfección grazas a un camión proporcionado polo Ministerio de Transportes

28/04/2020

Os Bombeiros de Santiago dispoñen dende hoxe cun novo vehículo, proporcionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para incrementar e complementar os labores de desinfección que os Bombeiros veñen realizando dende hai semanas en diferentes puntos da cidade. Así, utilizarán un vehículo quitaneves, con capacidade para transportar 9.500 litros de auga para nebulizar diversas áreas da cidade.

Leer más

CONSORCIO

O Consorcio promoveu máis de 40 exposicións nos últimos oito anos

28/04/2020

A área de publicacións e exposicións do Consorcio de Santiago, baixo a responsabilidade de Juan Conde, é un dos ámbitos recoñecidos polos cidadáns a tenor das estatísticas. Ao redor de 20.000 visitas anuais rexistra a Casa do Cabido, mentres que ás presentacións periódicas dos seus libros asisten unhas duascentas persoas. "É moito máis estresante o traballo das exposicións que as publicacións. Pouca xente sabe o que hai por detrás, non se reduce a colgar fotografías ou...

Leer más

CIDADE HISTÓRICA

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico retoma as súas sesións ordinarias, interrompidas pola crise sanitaria

28/04/2020

A Comisión Asesora do Patrimonio Histórico retomou hoxe as súas sesións ordinarias, interrompidas pola declaración do estado de alarma. Foi cunha xuntanza vía telemática na que este organismo asesor informou sobre distintas obraS, entre as que figuran a rehabilitación dun edificio para local comercial e catro vivendas na rúa de San Pedro e a renovación da instalación de abastecemento de auga nun edificio de Casas Reais. Está previsto que pouco a pouco se vaia recuperando a normalidade, coa celebración,...

Leer más
Compartir: