ACCION CULTURAL

Salvador García-Bodaño deixa a súa pegada no Xardín das pedras que falan coa frase "Compostela, soño de pedra no tempo"

07/11/2020

Salvador García-Bodaño xa ten a súa pegada, cun breve texto "Compostela, soño de pedra no tempo"; no "Xardín das pedrras que falan, detrás do Colexio de Fonseca. Inaugurouna hoxe o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, nun acto no que, ademais do poeta, tamén estiveron presentes a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón; o reitor da USC, Antonio López;o escrito e catedrático, Claudio Rodríguez Fer, e distintos membros da Corporación Municipal.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

Hoxe desenvólvense, en liña, as Xornadas de Ilustración Urbana nas que están inscritas máis de 200 persoas de distintos países

07/11/2020

A concelleira de Urbanismo e Acción Cultural, Mercedes Rosón, inagurou esta mañá as Xornadas de Ilustración Urbana, que se celebran online, e nas que se inscribiron máis de 200 persoas, de lugares tan lonxanos como México, Brasil, Perú, Arxentina, e tamén de distintos países europeos e como non, de Galicia e de Santiago de Compostela.

Ler máis
Compartir: