EDUCACIÓN

Presentada ao profesorado a XII Campaña Municipal de Animación á Lectura

17/04/2012 A Galería Sargadelos acolleu a xuntanza de presentación ao profesorado da XII Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada pola Concellería de Educación e Kalandraka Editora, en colaboración coa Galería Sargadelos. Participaron uns 100 profesores e educadores das escolas infantís e dos centros de educación infantil e primaria composteláns e da bisbarra.

A Campaña Municipal de Animación á Lectura, que leva por título Unha viaxe de ida e volta, conta cunha das súas referencias temáticas no traballo presentado por Martín León Barreto A viaxe de Olaf, que resultou gañador do IV Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Esta iniciativa, que xa vai pola súa XII edición, desenvolverase ao longo dos meses de abril e maio.

Documentos relacionados



Compartir: