ALCALDÍA

Xuntanza co secretario xeral de CLUN

23/04/2021 Xosé Sánchez Bugallo mantivo un encontro esta mañá no Pazo de Raxoi con Juan Gallastegui, secretario xeral de Cooperativas Lácteas Unidas (CLUN).

A cooperativa CLUN (Cooperativas Lácteas Unidas) nace da unión de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto coa vocación de ser referencia no sector agrogandeiro galego. CLUN conta con 3.500 socios, a quen lles proporciona as subministracións e servizos integrais, necesarios para a xestión das súas explotacións. Ademais, a división láctea centra a súa actividade na recollida, envasado e distribución de leite e outros derivados lácteos, baixo as marcas Únicla, Clesa, Feiraco e Arquega.

Compartir: