ALCALDÍA

O alcalde sumouse ao Camiño da Diversidade

25/04/2015 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participou no xantar organizado no Monte do Gozo pola Fundación Ingada. Máis tarde, uniuse á parte final do percorrido do Camiño de Santiago, que nesta ocasión se transformou nun Camiño da Diversidade, ata chegar á praza do Obradoiro.

O Instituto Galego do TDAH e Trastornos Asociados (Ingada), organizou este Camiño da Diversidade, unha marcha solidaria contra a discriminación por enfermidade, discapacidade ou trastorno. O Concello de Santiago colaborou con esta andaina, que se iniciou no Pino e que contou con participantes de toda Galicia.

Compartir: