XUNTA DE GOBERNO

Melloras en 23 parques infantís da cidade para adaptalos á normativa vixente

24/04/2015 A Xunta de Goberno abriu o procedemento para adxudicar o servizo de reparación de parques infantís para obter certificación do cumprimento da normativa. O tipo de licitación establécese en 58.287 euros e o prazo para os traballos é de tres meses.

Segundo apuntou o alcalde, Agustín Hernández, a certificación do cumprimento da normativa é preciso renovala cada ano. O uso continuado e o natural deterioro polo paso do tempo fai que estas áreas precisen de actuacións periódicas para manter a súa adaptación á normativa".

Con este fin, en 2014 realizáronse reparacións en 61 das 76 áreas infantís existentes. "Agora vaise a actuar sobre outras 23 áreas para corrixir as deficiencias detectadas no diagnóstico da empresa certificadora e así lograr a pertinente certificación".

As obras van dirixidas, entre outras melloras, á reparación de pavimentos, colocación de céspede artificial para nivelado do parque, instalación de valos metálicos ou de madeira e postes, substitución de diversos elementos de xogo ou labores de limpeza xeral.

Documentos relacionados



Compartir: