ALCALDÍA

O Concello asina unha amortización anticipada de débeda por máis de catro millóns de euros

21/12/2014 O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asinou co director de negocio institucional de Abanca Galicia, Asturias e León, José Lino Comesaña, a amortización anticipada de débeda por un importe de 4 millóns de euros.

Como consecuencia das políticas do control do gasto e do ingreso, a derradeira liquidación financeira estableceu un superavit para o concello de 5,2 millóns de euros.
Cumpridos todos os requisitos que establece a lei de Estabilidade Orzamentaria, o concello puido facer con cargo a dito superávit un plan de choque de actuacións sustentables e urxentes, por importe de 1.277.835 euros así como a amortización anticipada de débeda por importe de 4.008.505 euros, asinada recentemente.

Con esta amortización anticipada o Concello de Santiago situará a súa débeda en mínimos históricos, pasando dos 65 millóns en 2011 aos 41 millóns en 2015, polo que haberá rebaixado a débeda neste período en 25 millóns de euros, é dicir, en mais de 250 euros por habitante.

A amortización anticipada permitirá ademais, no orzamento de 2015, reducir a carga financeira un 40% no pagamento de amortizacións e xuros, o que posibilita implementar novas políticas sociais como a renda da solidaridade.

Compartir: