CULTURA

Noite Curta péchase con outras seis proxeccións na praza das Praterías

20/08/2014 Tras a exitosa xornada do pasado xoves, Noite curta, o cine de verán ao aire libre programado e organizado polo Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto, remata esta edición na praza de Praterías. A última xornada de proxeccións será ás 22:30 horas, con entrada libre.

Continuando co aniversario da distribuidora Marvin & Wayne, que cumpre cinco anos de vida, os mesmos que leva colaborando con Curtocircuíto, preséntase o segundo dos programas, no que se proxectarán curtas españolas, arxentinas e galegas:

1. Las 5 muertes de Ibrahim Gonsález, Pablo Aragüés / 9 min / 2012 / España / Ficción
Tras un accidente doméstico, Ibrahim Gonsález pasa un minuto clinicamente morto. Con todo, será o mellor minuto da súa vida!

2. Fuga, Juan Antonio Espigares / 15 min / 2012 / España / Animación, ficción
Sara, acabada de chegar ao conservatorio de Santa Cecilia, descubrirá que existen máis formas de interpretar cada lado do prisma desde o que percibe súa realidade e o seu talento.

3. Click, Irene Iborra, Eduard Puertas / 14 min / 2013 / España / Ficción, animación
Un peixe irrompe na rutina laboral dun humano obsesionado polo traballo, e entón… CLIC.

4. Anacos, Xacio Baño / 6 min / 2012 / Galicia / Ficción
A vida dunha persoa pode ser tan simple e sinxela como a súa receita de biscoito.

5. Amateurs, Javier Loarte / 12 min / 2012 / España / Ficción
Jane e David queren facer un vídeo porno. Chaman a Chris para que o grave.

6. En carne viva, Federico Esquerro / 18 min / 2013 / Arxentina / Ficción
É a viaxe dun actor que interpreta un asasino nunha filmación que transcorre nunha carnizaría de Bos Aires. Os artificios do cine fan difícil discernir cando a carne de atrezo se mestura coa verdadeira.

Compartir: