ALCALDÍA

A Alameda de Santiago acolle unha nova edición da Feira do Libro do 26 de abril ao 4 de maio

22/04/2014 O alcalde compostelán, Ángel Currás, acompañado polo conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, e o presidente da Federación Galega de Libreiros, presentou a XXXIII Edición da Feira do Libro Novo de Santiago, que se desenvolverá na Alameda entre o sábado 26 de abril e o domingo 4 de maio.

A inauguración terá lugar o propio día 26 ás 13.00 horas e contará coa actuación da Banda de Música e a Asociación do Traxe Galego. Pechará o acto Inacio, co seu espectáculo poético musical Nimbos. Xa pola tarde, a partir das 18.00, actividade para todos os públicos con Garabullo Teatro, que presenta o seu divertido espectáculo de monicreques Unha pinga de mel, cun pequeno obradoiro sobre as abellas.
Ademais, o escritor Borja Caamaño asinará na caseta de Ler Librerías, como previa á presentación escénica do se libro Purgatorio, publicado pola Editorial Alhulia, coa colaboración dunha bailarina de danza contemporánea. Será ás 20.00 horas.

A partir de aí e durante os 9 días que permanecerá aberta a Feira, desenvolveranse multitude de actos como presentacións de libros, firmas polos autores e outras actividades socioculturais para todas as idades que se poderán disfrutar en horario de 11 a 14 horas y de 17:30 a 21:30 horas. Os festivos e fins de semana amplíase o horario matinal ata as 14.30 h.

A Feira, na que participan 13 librarías, propiciará o encontro do público con autores como Manuel Rivas, Diego Ameixeiras ou Rosa Aneiros.

Documentos relacionados



Compartir: