CENTROS SOCIOCULTURAIS E BARRIOS

As concellerías de Centros Socioculturais e de Barrios acometen o arranxo do local sociocultural de San Lourenzo

20/09/2012 Os concelleiros de Centros Socioculturais, Francisco Noya, e de Barrios, Juan de la Fuente, mantiveron unha xuntanza cos directivos da Asociación de Veciños "Río Sarela", presidida por Isabel Beiroa. Na reunión comunicáronlles que o arranxo do local sociocultural estará rematado neste trimestre.

O local social, situado na carballeira de San Lourenzo, constitúe unha pequena parte do inmoble no que se ubica a Casa de Acollida. O local atópase en moi malas condicións exteriores, fundamentalmente na fachada e na cornixa.

Segundo indicou Francisco Noya, "o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar Social comprometérase a arranxar todo o edificio, pero, tras investir 458.000 euros, unicamente actuou sobre a Casa de Acollida". Ante isto, ambos concelleiros comprometéronse a facer as reparacións necesarias. As obras neste local social estarán rematadas neste trimestre, anunciáronlles aos representantes veciñais.

Compartir: