Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):
A concelleira María Castelao nunha reunión anterior coa directora xeral de Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez.
04/05/2012 A concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, reunirase a vindeira semana con técnicos do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para falar sobre as deficiencias na execución das obras de urbanización do SUNP-13 do Combarro, no Castiñeiriño.
Despois de varias visitas a zona acompañada de veciños e tamén dos propios técnicos municipais, detectáronse diversas deficiencias, especialmente no pavimento, que quedaron recollidas nun informe elaborado polos técnicos municipais. Esta xuntanza enmárcase no ámbito de colaboración permanente que o Concello -neste caso a Concellería de Obras e Infraestruturas- vén mantendo coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.Pon esta web más cómoda, más rápida, más a tu gusto.