Ayuntamiento de Santiago de Compostela

Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
FAMIILIA

O Concello programa unha xornada en recoñecemento á institución da familia

Cartel do programa.
Ampliar Cartel do programa.


04/05/2012 Con motivo da celebración do Día Internacional da Familia o 15 de maio, o Concello de Santiago preparou unha xornada repleta de actividades en recoñecemento a esta institución. Será o sábado 12 de maio no Multiusos Fontes do Sar. Alí haberá teatro, obradoiros, mesas informativas, unhas xornadas de acollemento familiar e un espazo onde facerse fotos cos xogadores do Blusens Monbus e do Lobelle de Santiago.

A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, presentou o programa de actividades para este 12 de maio, que queren ser un "recoñecemento á institución da familia, que sempre está aí cando fallan todos os demais resortes sociais". Neste sentido, incidiu no seu papel de "rede social" nestes tempos de crise económica.

Dende as 10:00 horas celebraranse diversos obradoiros para nenos e nenas de globoflexia, reciclaxe, elaboración de pulseiras e chapas, maquillaxe, manualidades, lingua de signos etc. Tamén a esa hora comezarán as II Xornadas de Acollemento Familiar en Galicia: Crecendo xuntos en acollemento, promovidas por Familias Acolledoras de Galicia.

Paula Prado salientou a presenza neste evento de Jesús Palacios, catedrático de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Sevilla e investigador sobre maltrato infantil, institucionalización, acollemento familiar e adopción. Ademais, aproveitou para facer un chamamento á sensibilización respecto dos 17 nenos e nenas que nestes intres agardan unha familia de acollemento en Santiago.

Os que se acheguen ata Sar tamén poderán atopar as mesas informativas dispostas por diversas asociacións e entidades de iniciativa social, que divulgarán o importante labor que realizan. Outra actividade destacada será o teatro. Ás 12:00 e ás 16:30 horas haberá representacións da obra Rosalía, a pulga que escribía e, ás 19.00 horas, porase en escena o musical La abeja Maya.

A programa desta xornada complétase cun espazo onde as familias poderán facerse unha foto cos xogadores profesionais do Blusens Monbus e do Lobelle de Santiago.
Documentos relacionados
Direcciones relacionadas

Volver


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Ayuntamiento de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centralita) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal