Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):
04/05/2012 O domingo 6 de maio, de 17:00 a 20:00 horas, celebrarase na praza do Toural Galego de cine, un obradoiro de cinema e proxeccións para nenos e nenas de 6 a 12 anos. Esta actividade, incluída no calendario de accións deseñado pola Concellería de Normalización Lingüística para celebra o Día das Letras Galegas, forma parte do programa FalaRedes, realizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística de para as entidades adheridas á Rede de Dinamización Lingüística.
Galego de cine é un obradoiro que fará un achegamento á linguaxe audiovisual a través de filmes en galego. Así, os pequenos adentraranse nunha caravana converténdose en espectadores das mellores curtas infantís en galego. O visionado irá acompañado de actividades de comprensión das películas e rematarase cun videomatón onde os cativos crearán a súa propia historia mediante a oralidade, seguindo o modelo do cadáver exquisito.Pon esta web más cómoda, más rápida, más a tu gusto.