Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):
03/05/2012 Ángel Currás segue coa súa rolda de reunións institucionais con diversas autoridades políticas, eclesiásticas e académicas con motivo da súa recente toma de posesión como alcalde. Nesta ocasión mantivo un encontro co arcebispo de Santiago, Julián Barrio.
O alcalde indicou que o Concello e a Igrexa seguirán "indo da man" en todas as actuacións relativas á Catedral, á proxección de Santiago e á revitalización do Camiño". "Por diante temos un ano Santo, que nesta ocasión tardará un pouco máis, ata o 2021, pero todos sabemos da importancia de que a Catedral chegue a ese momento en todo o seu esplendor", engadiu.Pon esta web más cómoda, más rápida, más a tu gusto.