Ayuntamiento de Santiago de Compostela

Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
TURISMO

Santiago únese á promoción da Festa do Melindre da Terra de Melide

Acto de presentación da Festa.
Ampliar Acto de presentación da Festa.


A concelleira degustando os doces.
Ampliar A concelleira degustando os doces.


03/05/2012 A concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiu na Praza de Abastos á presentación da XXI edición da Festa do Melindre e da Repostería da Terra de Melide. O Concello únese así á promoción desta celebración nunha vila que é punto de paso do Camiño de Santiago.

A Festa do Melindre celebrarase en Melide o domingo 13 de maio. O pregón, a partir das 12:00 horas na praza do Convento, correrá a cargo de Tomás Alonso, do programa Larpeiros da TVG. Tras o mesmo, entregaranse os títulos de recoñecemento aos Embaixadores do Melindre.

Xa pola tarde, entrega de premios do V Concurso de Debuxo Infantil Melindrescos, actuación de clown e concerto na praza das Coles con Os Cempés e o Grupo Fol. Do Conservatorio de Música de Melide.
Direcciones relacionadas

Volver


Mi compostela

Pon esta web más cómoda, más rápida, más a tu gusto.

Agenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Ayuntamiento de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centralita) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal