Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
EDUCACIÓN

Os alumnos e alumnas de piano da Escola Municipal de Música realizaron un concerto monográfico sobre a obra de Erik Satie

Os intérpretes deste singular concerto.
Ampliar Os intérpretes deste singular concerto.


Erik Satie foi o protagonista do monográfico.
Ampliar Erik Satie foi o protagonista do monográfico.


Un momento do concerto.
Ampliar Un momento do concerto.


27/04/2012 O alumnado de piano da Escola Municipal de Música realizou un concerto mongráfico sobre a obra musical de Erik Satie no que se interpretaron algunhas das pezas máis coñecidas deste músico francés. O público encheu o recinto, que se está a converter nun espazo de acollida e mostra do traballo de intérpretes novos da cidade.

Ademais das pezas musicais, deron a coñecer un caderno no que se inclúen textos deste peculiar músico, así como as impresións literarias que a cada alumno/a de piano lles suxiren os textos e a música deste autor. Este caderno literario está a disposición de quen o desexe, previa solicitude na Escola Municipal de Música ou na Concellería de Educación.
Documentos relacionados

Voltar


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal