Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
MEDIO AMBIENTE

Medio Ambiente presentou aos veciños o proxecto de hortas urbanas de Fontiñas

Plano de situación das hortas de Fontiñas.
Ampliar Plano de situación das hortas de Fontiñas.


Estrutura e distribución das parcelas.
Ampliar Estrutura e distribución das parcelas.


24/04/2012 A concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, presentou aos veciños de Fontiñas o proxecto de hortas urbanas para este barrio. O encontro celebrouse no centro sociocultural, onde antes tivo lugar o sorteo das hortas de Belvís e unha charla para informar sobre a colocación dun composteiro comunitario.

María Castelao explicoulles aos veciños que estas novas 50 hortas estarán no polígono 4 de Fontiñas, nunha parcela de 2.000 metros cadrados situada entre os Concheiros e a rúa Londres destinada a zona verde. Os 1.500 metros útiles serán acondicionados para estas hortas urbanas, sen ningún custo para o Concello, xa que irían a cargo da urbanización do devandito polígono residencial.

Estas hortas poderían estar en funcionamento no prazo dun mes. As concesións de uso destas hortas outorgaríanse segundo a ordenanza existente, coas preferencias para xubilados e veciños do entorno.

Sorteo e charla
Antes desta reunión, a concelleira asistiíu ao sorteo das 31 hortas de Belvís dispoñibles tras ter rematado o anterior prazo de concesión. Os solicitantes das hortas municipais debían estar presentes para confirmar a autorización do uso das parcelas.

Unha vez coñecidos os novos usuarios das parcelas, realizouse a instalación dun composteiro comunitario para dar servizo aos residuos orgánicos do usuarios das hortas ecolóxicas de Belvís. Os interesados na técnica da compostaxe puideron asistir a unha charla no centro sociocultural de Fontiñas. Unha educadora ambiental de ADEGA fixo unha exposición sobre a compostaxe e os coidados básicos do composteiro.

O composteiro é o complemento ideal para calquera horta, xa que permite aproveitar tanto os restos vexetais das hortas como os residuos orgánicos da vivenda, convertelos en compost -un fertilizante de calidade- e devolver os nutrientes ao solo. Deste xeito xestiónase os residuos no mesmo lugar onde se producen, evítase o transporte e que rematen en vertedoiros ou incinerados. Pola contra, son recurso e fonte de nutrientes que aumentan a fertilidade das hortas.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal