Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
EDUCACIÓN

O Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela acolle un obradoiro sobre a cultura castrexa a través dos obxectos

Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela.
Ampliar Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela.


24/04/2012 A Unidade de Cultura Científica do Instituto de Ciencias do Patrimonio organiza o obradoiro de cerámica "A cultura castrexa a través dos obxectos". A Concellería de Educación colabora con esta proposta, que se desenvolverá o mércores 24 de abril, de 16:00 a 18:30 horas no Centro de Interpretación do Medio Rural da Portela. Actuarán como relatores Yolanda Porto, Beatriz Gómez-Arribas.

Este obradoiro está destinado preferentemente a persoas formadas en Historia, Historia da Arte, Restauración, Graduados en Magisterio, Pedagoxía... O seu obxectivo é motivar o achegamento á Prehistoria de Galicia por medio da recreación con pezas arqueolóxicas. Preténdese que se relacione a experiencia manual cos outros coñecementos adquiridos sobre a cultura castrexa.

Mediante este obradoiro os participantes poderán valorar o traballo do artesán, coñecer exemplos de tipoloxía cerámica castrexa e os seus diferentes usos, adquirir os coñecementos básicos para modelar e tomar coñecemento da linguaxe característica do traballo arqueolóxico. Será tamén unha boa oportunidade para reforzar a creatividade e a destreza manual, e para incrementar o aprecio sobre o Patrimonio Cultural, considerando que os xacementos e pezas arqueolóxicas son patrimonio da sociedade e a salvagarda destes é competencia de todos.

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal