Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
20/04/2012 A Asociación de Mulleres de Etnia Xitana foi recibida en Raxoi nun acto presidido polo alcalde compostelán, Ángel Currás. Integrantes desta entidade fixeron entrega ao Concello da bandeira da etnia xitana e dunha cesta de vimbio.
Ángel Currás recordou que, aínda con retraso, esta recepción enmarcábase na celebración do Día Internacional do Pobo Xitano o 8 de abril. Foi momento para botar a vista atrás e lembrar as discriminacións que ao longo da historia sufriu esta etnia, e para falar dos avances para lograr que "poida convivir de forma harmoniosa nunha sociedade plural". Non obstante, referiuse ás dificultades que aínda sofre o colectivo, especialmente no eido laboral.Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.