Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
Vista da sesión plenaria do 17 de abril, na que Xerardo Conde Roa presentara a súa renuncia como alcalde.
20/04/2012 A Corporación municipal celebrou un Pleno extraordinario no que se deu conta do escrito de renuncia de Xerardo Conde Roa como concelleiro.
Producida esta renuncia, iniciaranse os trámites para facer efectiva a incorporación como concelleira de Rebeca Domínguez, número 14 na lista electoral coa que o Partido Popular concorreu ás eleccións municipais de maio de 2011. A nova edil xurará o cargo noutro Pleno extraordinario. O alcalde compostelán, Ángel Currás, xa anunciou que Rebeca Domínguez asumirá as concellarías de Educación e Normalización Lingüística.Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.