Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
12/04/2012 Os leoneses The Bright chegan a Compostela para dar un concerto dentro do ciclo da Concellería de Cultura Íntimo&Acústico. Será o venres 13, ás 21:00 horas, na Zona "C" de Bonaval, onde se poderá escoitar o pop folk-americano desta parella.
En palabras de Pacho Rodríguez, xornalista, "con The Bright, que van camiño do primeiro, este primeiro disco, Soundtrack for a winter´s tale (Subterfuge), chega como un gran salto que vén precedido de moitas pisadas sobre as táboas e horas de traballo no local. A voz que asombra de Miryam Gutiérrez e a presenza de Aníbal Sánchez, multiinstrumentista das cordas, que son algo así como rockeiros, herdeiros de último folk, ou, ollo, que di o Arizona Vielba (unha vez máis, ensinándonos a transgredir sen agredir as etiquetas): "Somos todos cultura pop", of course, chegaron cunha colección de cancións que pedían un tratamento de luxo, como o que teñen, nesta longa duración"Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.