Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
ALCALDÍA

O Concello de Santiago e os empresarios do Polígono do Tambre avanzan na legalización das naves desta área industrial

Saúdo entre Xerardo Conde Roa e Jesús Chenel.
Ampliar Saúdo entre Xerardo Conde Roa e Jesús Chenel.


Dirixíndose ao despacho do alcalde.
Ampliar Dirixíndose ao despacho do alcalde.


15/03/2012 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co presidente da Asociación da Área Empresarial do Polígono do Tambre, Jesús Chenel, e co xerente, José Manuel Beceiro. No encontro falaron do proceso de legalización das naves desta superficie comercial, xa posto en marcha, e da obra pendente da duplicación do acceso ao polígono do Tambre sobre a estrada N-550.

"Agardamos que nun prazo relativamente curto de tempo poidamos ter legalizadas as naves do polígono do Tambre", indicou o alcalde á saída da reunión. Neste sentido, o presidente dos empresarios agradeceu ao alcalde e á concelleira de Urbanismo, María Pardo, a súa colaboración e expresou a súa confianza en que "este ano poidamos ter o Polígono totalmente legalizado", converténdoo no "primeiro polígono industrial de Galicia que o estea".

Sobre a duplicación da ponte de acceso ao Polígono do Tambre, Conde Roa apuntou que se está pendente da visita da ministra de Fomento, Ana Pastor, para coñecer as previsións para este proxecto.
Documentos relacionados

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal