Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):
O presidente do Lobelle entregoulle ao alcalde unha camiseta do club.
Xerardo Conde Roa e José Antonio Lobelle co porteiro Alex, declarado mellor xogador da final.
Foto de familia ao rematar o acto.
13/03/2012 Tan só unha semanas despois de ter pasado por Raxoi polo seu triunfo na Copa Xunta, o Autos Lobelle de Santiago FS foi de novo recibido polo alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa. Esta vez, o club non puido levar o título da Copa de España, pero si realizou un gran papel, chegando á final ante o FC Barcelona.
O alcalde valorou "o esforzo, a loita e a superación" do equipo e animounos a seguir "co mesmo espírito que todos vimos en Logroño". "A cidade de Santiago está moi orgullosa do Lobelle", engadiu, emprazando ao club a novos retos.Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.