Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
OBRAS E INFRAESTRUTURAS

O Concello devolve unha liquidación da segunda fase das obras de reforzo do firme pola súa execución sen soporte contractual

María Castelao.
Ampliar María Castelao.


13/03/2012 A concelleira de Obras e Infraestruturas, María Castelao, anunciou que a Intervención municipal procederá á devolución dunha liquidación de 135.726 euros presentada pola adxudicataria da segunda fase do contrato das obras de reforzo do firme en 2010 por obras realizadas a maiores dese contrato. Segundo explicou, o Concello non pode facer fronte ao pago dunhas obras feitas sen os trámites de contratación e intervención legalmente obrigatorios.

María Castelao lembrou que este contrato de reforzo do firme, de 1,8 millóns de euros de importe total, se realiza en base a uns prezos unitarios. Así, as obras de pavimentación vanse realizando segundo as necesidades ata esgotar o montante total do contrato. Por iso, explicou que "non procede o pago" dunhas obras realizadas "a maiores" pola adxudicataria, que atribuíu á unha "orde directa do anterior concelleiro" e sen "soporte contractual".

Ademais, denunciou a edil, "incluíronse prezos novos non previstos sen ningún modificado do contrato", o que redundou en que se "pavimentou menos do que se debera pavimentar". Insistiu en que o contrato incluía só obras de reforzo do firme, pero que, a posteriori, se incluíron conceptos como "a dispersión, un patín en López Ferreiro, tubaxe de saneamento ou a colocación dun semáforo ou dunha boca de incendios, entre outros".

Á vista disto, indicou que o Departamento de Obras e a Intervención municipal van revisar o contrato para "valorar o que supoñían eses prezos novos" e analizar a incidencia disto sobre o orzamento do contrato. Ademais, afirmou que se procederá a analizar outros contratos executados con anterioridade en base a este sistema de prezos unitarios.

Finalmente, María Castelao expresou a súa preocupación porque "haxa empresas que traballaron para este Concello e que agora teñan que afrontar un gasto deste tipo" por ter sido executados "sen requirimentos contractuais".
Documentos relacionados

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal