ALCALDÍA

O Concello colaborará nunha nova edición da Festa da Uña de San Lázaro

07/03/2012 O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse coa Asociación Cultural e de Festas San Lázaro. Asistiu tamén á xuntanza o concelleiro de Participación Cidada, Francisco Noya.

Os integrantes da Asociación Cultural e de Festas de San Lázaro explicáronlle ao alcalde e ao concelleiro os preparativos dunha nova edición da tradicional Festa da Uña, coa que colaborará o Concello. Un ano máis, non faltarán a poxa e a degustación das uñas, acompañadas dun completo programa festivo.

Festa de exaltación do grelo na Peregrina
Por outra parte, o domino 11, a parroquia da Peregrina celebra a súa I Exaltación do Grelo. A celebración comezará ás 13:00 horas coa misa e coa sesión vermú a cargo dunha orquestra. Logo terá lugar no campo da festa unha comida na que os platos principais serán o pulpo e o lacón con grelos. E xa ás 18:00 horas, nova actuación da orquestra.

Compartir: