EDUCACIÓN
O presidente do comité organizador do 50 Aniversario da SD Compostela, Alfonso Castiñeiras, explicou as bases do concurso, no que poderán participar todos os centros de educación infantil e primaria de Compostela. Establécense dúas categorías, unha de 3 a 8 anos e outra de 9 a 12 anos. Os traballos poderán presentarse no Departamento de Educación entre o 7 de marzo e o 13 de abril.
De entre os carteis finalistas (un por cada categoría) elixirase o cartel gañador do concurso. O veredicto do xurado coñecerase nas instalacións de Área Central o venres 20 de abril. A entrega de premios terá lugar no mesmo recinto o venres 11 e maio. Os primeiros premios en cada unha das categorías consistirán en dúas estancias de fin de semana e entradas para visitar o Parque Warner (Madrid), catro entradas ao Museo do Real Madrid e catro abonos para a temporada 2012/13 da SD Compostela. Os segundos premios serán vales d compra de 100 euros en Área Central e catro abonos.
Este concurso é o punto de partida a unha serie de actos previstos durante o ano para celebrar o 50 aniversario da SD Compostela. Segundo avanzou Castiñeiras, entre os obxectivos do comité organizador está por en marcha un concurso de escaparatismo e unha exposición de fotografías e material histórico do club; celebrar un partido ou editar un libro conmemorativo. Entre as ideas, expresada polo propio alcalde, Xerardo Conde Roa, está tamén a celebración dunha festa popular. E precisamente a proposta do rexedor municipal, xa é realidade a asignación do nome da SD Compostela a unha rúa en San Lázaro.
Tamén interveu na rolda de prensa o xerente de Área Central, Juan Carlos Losada, quen afirmou que "sempre haberá un oco no corazón de Área Central" para o Compostela. O centro comercial acollerá do 20 de abril ao 11 de maio unha exposición cos mellores carteis presentados ao certame.
Apertura do prazo de admisión no curso escolar 2012/13
O concelleiro de Educación, Ángel Currás, aproveitou a rolda de prensa para anunciar a posta en marcha do proceso de admisión para o vindeiro curso escolar para o alumnado de 2º ciclo de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato. As instrucións e a documentación estarán dispoñibles nesta web municipal.
Os escolares deseñarán o cartel do 50 aniversario da SD Compostela
06/03/2012 A Sociedade Deportiva Compostela cumpre 50 anos e, para celebralo, unha comisión organizadora está a preparar diversas actividades. A primeira delas será un concurso escolar de debuxo, que servirá para elixir a imaxe co cartel conmemorativo desta efeméride.
O concelleiro de Educación, Ángel Currás, presentou as bases do Concurso de Debuxo 50 Aniversario da SD Compostela, dirixido aos escolares de educación infantil e primaria do municipio. É unha boa oportunidade, segundo dixo, para que os máis pequenos empreguen a súa creatividade e se impliquen no recordo e rexurdimento do club. "É un bo momento para fixarse retos e implicar a cidade na defensa do equipo que tan dignamente representou a cidade durante moitos anos", indicou.O presidente do comité organizador do 50 Aniversario da SD Compostela, Alfonso Castiñeiras, explicou as bases do concurso, no que poderán participar todos os centros de educación infantil e primaria de Compostela. Establécense dúas categorías, unha de 3 a 8 anos e outra de 9 a 12 anos. Os traballos poderán presentarse no Departamento de Educación entre o 7 de marzo e o 13 de abril.