EDUCACIÓN

Apertura da admisión nas escolas infantís de San Roque, Tras Parlamento e Tambre

01/03/2012 A Concellería de Educación informa da apertura dos prazos de reserva de praza, preinscrición e matrícula nas escolas infantís de San Roque, Tras Parlamento e Tambre, co-xestionadas co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

O prazo para a presentación de solicitudes de renovación de praza ou de novo ingreso estará aberto ata o 31 de marzo. As listas provisionais de admitidos e lista de agarda publicaranse o día 11 de maio. O prazo de reclamacións irá do 12 ao 21 de maio e as listas definitivas de admitidos publicaranse o 11 de xuño. O prazo para formalizar a matrícula dos nenos e nenas admitidos será dende o 12 ata o 30 de xuño.

Compartir: