Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
BENESTAR SOCIAL

Clausurados en Vite os obradoiros para maiores "Adaptándose á xubilación"

Os participantes cos seus diplomas.
Ampliar Os participantes cos seus diplomas.


Entrega de diplomas.
Ampliar Entrega de diplomas.


27/02/2012 Clausuráronse os obradoiros Adaptándose á xubilación, que se desenvolveron os días 6, 13, 20 e 27 de febreiro no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite e que foron impartidos polo Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte – Servizos Sociais, en colaboración co Club de Maiores do CSC de Vite.

Estes obradoiros ofreceron unha formación específica destinada ás persoas maiores, co ánimo de sensibilizar, preparar e axudar á difusión do crecemento da persoa nesta etapa posterior a xubilación. Neste período ábrense uns horizontes moi positivos e saudables para a participación destas persoas na comunidade e na sociedade na que conviven.

As xornadas pretendían reforzar a figura da persoa maior activa, utilizando técnicas específicas para iso, principalmente o voluntariado, a animación sociocultural e o desenvolvemento comunitario.

Os temas abordados durante estes obradoiros foron moi variados, centrándose en materias como: os estereotipos sobre a xubilación e a vellez, o concepto do tempo, a saúde e o desenvolvemento persoal, a xubilación e os trocos económicos, o sistema de pensións públicas, os ingresos complementarios ás pensións públicas, o gasto cotiá, o excedente do tempo, a madurez activa ou o crecemento persoal.

Aos obradoiros asistiron 16 persoas de idades comprendidas entre os 55 e os 70 anos. Estas manifestaron a súa satisfacción polo resultado a través das enquisas anónimas e voluntarias ás que responderon. Ante a pregunta sobre a satisfacción xeral co obradoiro, o 96 % respondeu MOI BEN e o 4,% BEN. As opcións REGULAR, MAL ou MOI MAL non foron elixidas por ninguén.

Esta iniciativa está incluída na medida denominada Programas de dinamización social, igualdade de oportunidades, formación e educación de colectivos en risco de exclusión, no marco do Proxecto Urbana Santiago Norte, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal