Concello de Santiago

[http://www.santiagodecompostela.org]


Contactos do concello
Visítanos en: Facebook Twitter
EDUCACIÓN

Inaugurado o Ciclo de Concertos Didácticos "Os contos do país do xeo"

O concelleiro saudando os pequenos.
Ampliar O concelleiro saudando os pequenos.


Chegando á actividade.
Ampliar Chegando á actividade.


Mónica de Nut durante a narración do conto musical.
Ampliar Mónica de Nut durante a narración do conto musical.


O concelleiro presenciando o concerto.
Ampliar O concelleiro presenciando o concerto.


Outra imaxe da sesión.
Ampliar Outra imaxe da sesión.


Os escolares aplaudindo ao remate do concerto.
Ampliar Os escolares aplaudindo ao remate do concerto.


24/02/2012 Inaugurouse no CEIP Lamas de Abade o II Ciclo de Concertos Didácticos Os contos do país do xeo, que se celebrarán no centros de educación infantil e primaria de Santiago. O concelleiro de Educación, Ángel Currás, participou no primeiro destes concertos, impartidos a través da Escola Municipal de Música.

Por segundo ano consecutivo ponse en marcha este proxecto educativo, co obxectivo de promover o achegamento da música aos máis pequenos na rede de centros educativos de Compostela. Este ciclo, que ten por título Os contos do pais do xeo, está destinado ao alumnado do 2º ciclo de educación infantil e do 1º ciclo de educación primaria.

O programa comprende un concerto didáctico en cada centro participante a cargo dun cuarteto da Escola Municipal de Música e da narradora, cantante e actriz, Mónica de Nut. A sesión consiste nunha narración dun conto musical no que se vai enfiando a presenza de diferentes instrumentos, en solitario e en conxunto.

Os concertos realizaranse todos os venres dende febreiro ata xuño. Está prevista a participación de máis de 2.000 escolares dos seguintes centros: CEIP Raíña Fabiola, CEIP Lamas de Abade, Colexio San Jorge, CEIP Apóstolo Santiago, CEIP Mestre Rodríguez Xixirei, CEIP Ramón Cabanillas, CEIP Vite, CPR Sta Apolonia, CEIP Arquitecto Casas Novoa, CPR San Francisco Javier, Colexio Compañía de María, CPR A Inmaculada, CEIP López Ferreiro, CPR Juniors, CEIP Roxos Villestro, Colexio A Milagrosa, CEIP Cardeal Quiroga Palacios, CEIP Pío XII e Colexio Divino Mestre.

Esta actividade compleméntase coa posta a disposición do profesorado dunha unidade didáctica na que se inclúen exercicios de preparación e comprensión dos diferentes temas musicais a para un aproveitamento didáctico do concerto. A unidade tamen comprende recursos bibliográficos e dixitais, fichas técnicas dos intérpretes e pezas do programa. Ademais, o Departamento de Didáctica da Escola Municipal de Música ofrece asesoramento permanente a todos os centros educativos participantes.

Concertos en familia e xornada de portas abertas
Tamén están previstos dous concertos en familia: un na Galería Sargadelos o sábado 10 de marzo, ás 12:30 horas, e outro na Fundación Torrente Ballester o sábado, 17 de marzo, á mesma hora. A entrada é libre e de balde para todas aquelas familias que queiran participar nesta proposta, especialmente deseñada para nenos e nenas entre os 2 e os 8 anos.

Finalmente, o sábado 3 de marzo, ás 12:00 horas, a Escola Municipal de Música celebrará unha xornada de portas abertas. O centro convida ás familias con nenos a partir de 2 anos a coñecer as instalacións desta institución educativa musical e o programa pedagóxico que esta Escola ten deseñado para a introdución á música dos máis pequenos. Nesta sesión terá lugar o concerto didáctico destinado a estas idades.

Volver


Mi compostela

Pon esta web más cómoda, más rápida, más a tu gusto.

Agenda

© 2005, Ayuntamiento de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centralita) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal
Cerrar