Concello de Santiago de Compostela

Saltar a contidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
Compartir:
CULTURA

Erik Truffaz 4tet, Joe Lovano Quartet e The Bad Plus dentro do ciclo Jazz in Blue

Ángel Currás amosa o novo folleto coa programación; ao seu carón, Víctor Carou.
Ampliar Ángel Currás amosa o novo folleto coa programación; ao seu carón, Víctor Carou.


31/01/2012 O concelleiro de Cultura, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron un novo ciclo musical, desta vez centrado arredor do jazz: o Jazz in Blue. Este ciclo ofrécenos a oportunidade de achegarnos a unha música radicalmente creativa, recoñecida a nivel internacional e de incontestable calidade, realizada por tres artistas que marcan moitos dos camiños polos que transcorre o mellor jazz actual; Erik Truffaz 4tet, Joe Lovano Quartet e The Bad Plus.

O ciclo inaugúrase o 18 de febreiro no Teatro Principal, onde poderemos escoitar a partir das 21:00 horas a Erik Truffaz 4tet. O martes 6 de marzo chega á cidade, Joe Lovano Quartet. Nesta ocasión o concerto será no Auditorio de Galicia, a partir tamén das 21:00 horas. O Teatro principal volve ser escenario do Jazz in Blue de novo o domingo 13 de maio co concerto, ás 21:00 horas, de The Bad Plus.

O trompetista Erik Truffaz fusiona jazz, rock, hip-hop, world music e electrónica. Con máis de 15 álbums dende 1994, publicou con Blue Note Records, In Between, coa formación clásica de Arkhangelsk con Marcello Giuliani e Mark Erbetta, aos que se sumou o teclista Benoit Corboz. Joe Lovano é un dos grandes saxofonistas da escena do jazz post bop actual, tanto pola súa carreira como solista como polos seus discos e grandes colaboracións. O seu último álbum é Bird Songs (2011), editado a través de Blue Note Records, que fai o número 22 da súa carreira.

Pola súa banda, The Bad Plus é un trío de jazz contemporáneo formado por Ethan Iverson (piano), Reid Anderson (baixo) e David King (batería). A súa música combina elementos do jazz tradicional, free jazz, rock e pop. O seu último álbum, Never Stop, publicado en 2010, é o noveno da súa carreira.

Venta de entradas
As entradas poden mercarse en toda a Rede Ticketmaster, Carrefour, FNAC, Halcón Viaxes e Tendas Tipo. Tamén en relación á venta de entradas, Víctor Carou recordou que dende o mércores 1 de febreiro se pon en marcha o novo horario de apertura do despacho de billetes do Teatro Principal. Alí poderán mercarse entradas para os diferentes programas da Concellería de 18:00 a 21:00 horas, de martes a sábado e os días dos espectáculos.

Nova imaxe
A rolda de prensa serviu igualmente para presentar a nova imaxe do folleto coa programación cultural, que cambia de lema, deixando o "Compostela Cultura" para pasar a "Compostela, Capital Cultural". Este lema e unha remodelada imaxe marcarán a nova páxina web da Concellería, en preparación, que tamén cambia
Documentos relacionados

Voltar


A miña compostela

Pon esta web máis cómoda, máis rápida, máis ao teu xeito.

Axenda


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Concello de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centraliña) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal