Ayuntamiento de Santiago de Compostela

Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Noticias
SANIDADE

O Concello de Santiago e FEBE premiarán aos mozos que practiquen o condutor alternativo

03/11/2009 A Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE), en colaboración co Concello, premiará a aqueles mozos que practiquen a figura do condutor alternativo durante a noite do xoves 5 de novembro en Santiago de Compostela. Esta actividade comeza cunha sesión informativa por parte dos monitores de FEBE sobre a importancia de elixir un condutor alternativo, aquel que non bebe para poder conducir, cada vez que saian de marcha. Aqueles mozos que demostren que non consumiron alcohol ao longo da noite serán premiados con diferentes regalos (camisetas, refrescos e cheques canxeables por gasolina).

FEBE e o Concello de Santiago queren concienciar aos condutores do perigoso que resulta combinar alcohol e condución mediante Noc-Turnos. Esta acción desenvolverase no parque da Alameda, debido á gran cantidade de poboación xuvenil que se concentra nesta zona, e en varios locais da zona vella como Calderería e Casa Das Crechas.

O concelleiro de Sanidade, Consumo e Mercados, Andrés Fariña, sinalou que "estamos moi satisfeitos de por en marcha esta iniciativa na nosa cidade. Dende o Concello traballamos continuamente para concienciar á xuventude compostelá de que beber e conducir é incompatible, e esta é unha das mellores maneiras de facelo: cunha solución real e práctica como é o programa Noc-Turnos".

"O noso labor de concienciación parte da base de que si se vai a conducir non se pode beber nin unha gota de alcohol. O condutor alternativo é unha iniciativa que funciona precisamente porque é unha solución que os mozos recoñecen como crible e eficaz", afirma Jaime Gil-Robles, director executivo da FEBE. E así o demostran as cifras: un 69% dos mozos entrevistados afirma que este tipo de accións axúdaos a concienciarse sobre o perigo de conducir si se consumiu alcohol.

Para o desenvolvemento desta acción foi vital contar coa colaboración da Asociación de Hostalería Nocturna de Santiago, cuxos locais e persoal foron formados convenientemente para levar a cabo unha dispensa responsable de bebidas con contido alcohólico, a través del programa "Tu sirves, tu decides", desenvolvido tamén pola FEBE. Inma Rúa, presidenta da Asociación de Hostalería Nocturna, apunta que "estamos seguros de que a través de iniciativas como esta seguiremos contribuíndo a fomentar un ocio de calidade, prestixiando os nosos locais e educando para beber de forma responsable."

Promoción do consumo responsable entre os acompañantes
Como novidade, este ano os monitores da FEBE tratarán de promover o consumo responsable de bebidas con contido alcohólico entre os acompañantes do condutor alternativo e entre o resto da poboación compostelá. Deste xeito, os monitores achegarán información nas principais zonas de ocio da cidade sobre qué é o consumo responsable de bebidas alcohólicas e cales son os colectivos de risco que deben realizar un consumo cero de bebidas con alcohol (embarazadas, menores, condutores, si se toma medicación ou si se manexa maquinaria pesada).

Tamén se levará a cabo un labor de concienciación sobre como disfrutar do consumo responsable entre os mozos que se atopen de marcha a noite do xoves. Así, recomendaráselles que practiquen hábitos saudables, como inxerir algún alimento mentres beben ou alternar bebidas alcohólicas con non alcohólicas.

Ademais, para todos aqueles que estean interesados en ampliar esta información, a Federación Española de Bebidas Espirituosas ten habilitada unha páxina web: www.consumo-responsable.com.

O que non bebe alcohol e conduce ten premio
Para participar nestas promocións, os mozos deben presentar o seu carné de conducir aos monitores de FEBE, tras o que reciben un pasaporte que se lles vai selando a medida que van pasando os sucesivos controis. A dinámica da acción prevé a realización de catro probas de alcoholemia nas que os participantes só poden continuar se demostran non ter consumido absolutamente nada de alcohol. É dicir, os participantes terán que dar 0,0 en todos estes controis.

No caso de que o participante dea positivo nalgún dos controis de alcoholemia, retíraselle o pasaporte e xa non pode continuar adiante. Aqueles que pasen o cuarto e último control tendo dado negativo en todos os anteriores reciben un cheque de gasolina por valor de 20 euros que poderán trocar na estación de servizo Galuresa situada en Pontepedriña, na rúa Romero Donallo, dende o día 6 ata o 20 de novembro.
Direcciones relacionadas

Volver


Enviar | Imprimir | Arriba

© 2005, Ayuntamiento de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centralita) 981 542 357 (Alcaldía). Aviso legal