MEDIO AMBIENTE

O Concello avisa do perigo de miles de visóns soltos na zona de Lavacolla

08/07/2005 O Departamento de Medio Ambiente do Concello de Santiago informa aos cidadáns que por mor da derruba intencionada dun muro nunha granxa de visións ubicada en Lavacolla, miles de visóns están soltos nesta zona do municipio.

No recinto da granxa habitaban un total de 30.000 visións, boa parte dos cales fuxiron a través do muro derrubado. No mesmo lugar do suceso apareceron pintadas sobre as paredes do Frente de Liberación Animal.

Polo seu carácter o visón, de tamaño liñeiramente inferior a un gato, pode producir mordeduras mesmo de gravidade no caso de ser acosado e/ou acorralado, polo que se insta a non tentar atrapar a estes animais ni siquera con guantes de protección.

No caso de localizar algún destes animais prégase avisar ao teléfono 112.

No caso de recibir algunha mordedura dos animais prégase dirixirse ao centro de saúde correspondente.

Compartir: