PARQUES E XARDÍNS

O Concello presenta o proxecto dun novo parque infantil na Almáciga

17/01/2023 O proxecto foi presentado polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo e a concelleira de Parques e Xardíns, Mila Castro nun encontro cos veciños. Castro destacou que se trata "un novo espazo de recreo para as nenas e nenos co obxectivo de facer o barrio máis atractivo para as familias, dotando de espazos de ocio para a cativada e de encontro dos veciños". Ubicarase na parcela situada entre o Colexio Apóstol Santiago, o Centro Cívico e as hortas urbanas, e prevese que a execución dos traballos se inicie no mes de abril.

Un tobogán e unha tirolina servirán para aproveitar o desnivel existente na parcela e como elementos centrais deste parque infantil que se proxecta na Almáciga. Situado nunha parcela 82 x 21 metros, o proxecto contempla a creación tamén de tres lomas integradas na zona de xogo e que formarán parte del con forma de boomerang.

Ademais acondicionarase o camiño central, aproveitado o camiño existente orixinado de forma espontánea, cun pavimento de zahorra estabilizada con morteiro, e instalarase bancos de madeira nas dúas zonas das que consta o parque, así como unha fonte de auga potable.

A zona de xogo contará con varios conxuntos de escalada, un balancín de troncos, columpios dobles e de cesta e a tirolina e tobogán antes citados. O proxecto fixa como horizonte de inicio da execución dos traballos no mes de abril logo de ser adxudicado o pasado ano.

Compartir: